Descargar artículoDescargar artículoEnviar artículoImprimir artículo

EDV 2018/130637 Calendario laboral de 04 diciembre 2018.

Calendario Laboral del Convenio Colectivo de Derivados del Cemento de la Provincia de Pontevedra, 2019.

Código: 36000505011981

Provincial

Pontevedra

Sector: Cemento y derivados

Tipología: Calendario laboral

Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, de 26 diciembre 2018


Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de Derivados do cemento da provincia de Pontevedra, polo que se establece o calendario laboral para o ano 2019, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación de fabricantes de derivados do cemento de Galicia (ASFADECE), e da parte social polos representantes das centrais sindicais, UGT, CC.OO. e CIG, o 29 de novembro do 2018.

Primeiro.—Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 30 de novembro do 2018.

Segundo.—Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

Fundamentos de Dereito

Primeiro.—Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.—Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.—Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro

Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 04/12/2018.—O xefe territorial P.D. Decreto 135/2017, do 28 de decembro (DOG nº 18 do 25/01/2018).—A xefa do servizo de coordinación administrativa e xestión económica, Ana María Rodríguez Senra.

Convenio Colectivo do sector de Derivados do Cemento da Provincia de Pontevedra

Comisión Negociadora 29/11/2018

Asistentes

Representación Social

UGT: Juan José Santos Curras. DNI: 35.282.516-X

CIG: Xosé Xoán Melón González. DNI: 36.013.952-T

CCOO: Ricardo O. Santos Reiriz. DNI: 52.459.796-Q

Representación Empresarial

ASFADECE: José Mª Dios Villameá. DNI: 33.261.214-V

Francisco García Carrillo. DNI: 32.755.668-B

Alfonso Magán Carrillo. DNI: 33.237.311-B

En Vilagarcía de Arosa, nos locais de Comisións Obrerias, sendo as 16:00h do día 29 de novembro de 2018, reunese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do Sector de Derivados do Cemento da Provincia de Pontevedra.

“Acordase por unanimidade asinar o calendario laboral con vixencia exclusiva para o ano 2019:

Segundo o artigo 35.—Xornada, do actual Convenio, no seu apartado a) que fixa unha xornada anual de 1736 horas e o apartado f), que fala de pactar un calendario laboral orientativo no convenio; ambas partes fixan os 10 días de axuste de xornada anual de convenio, remunerables para todas aquelas empresas que non dispoñan de calendario e traballen 40 horas das 48 horas semanais durante todo o ano e descansando os sábados seguintes a días festivos ou días de axuste de xornada (FC), os seguintes días:

— 2 de xaneiro

— 18 de marzo

— 26 de julio

— 16 de agosto

— 23 de decembro

— 24 de decembro

— 26 de decembro

— 27 de decembro

— 30 de decembro

— 31 de decembro

Os días de descanso retribuido, sinalados no apartado anterior, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos as necesidades das partes.

Nos concellos en onde a festividade local coincida con día Non Laborable ou Festivos de Convenio por axuste de xornada, trasladarase o día laborable inmediatamente seguinte.

Para o susodito calendario laboral do ano 2019, e no caso de que á demora da sua publicación provoque que nalgunha empresa non se poida disfrutar de algún dos mencionados días de axuste de xornada (Festivos de Convenio), a empresa, previa negociación coa Representación Legal dos Traballadores/as ou a propia plantilla (en caso de non existir RLT), marcarán outra data para o seu disfrute antes do 31 de decembro do 2019.

As partes acordan autorizar a D. Ignacio Bouzada Gil, con DNI. 35.468.859-F, do Consello Galego de Relacions Laborais, para proceder a realizar cantos trámites sexan necesarios ante a autoridad laboral para a inscripción e registro do presente acordo de calendario laboral na Plataforma Regcon, así como en tódolos rexistros correspondentes que sexan precisos, coa finalidade da sua validación e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18:30h do día e llugar arriba indicados, do cal as partes dan fe coa súa sinatura.