Descargar artículoDescargar artículoEnviar artículoImprimir artículo

EDV 2018/131362 Calendario laboral de 26 diciembre 2018.

Resolución de inscrición e publicación do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña

Código: 15000805011982

Provincial

A Coruña

Sector: Madera

Tipología: Calendario laboral

Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña, de 02 enero 2019


 

Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña (código n.º 15000805011982), subscríbese con data 20 de decembro de 2018 o calendario laboral do ano 2019 polas partes lexitimadas, e solicítase a súa inscrición e publicación con data 21 de decembro de 2018.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG Núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG Núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO
Primeiro

A inscrición do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo

A remisión do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña ó Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 26 de decembro de 2018

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca.

Calendario Laboral do Convenio de Carpintería e Ebanistería da Provincia de A Coruña para 2019