Descargar artículoDescargar artículoEnviar artículoImprimir artículo

EDV 2018/131363 Acuerdo de 26 diciembre 2018.

Resolución de inscripción e publicación da disposición transitoria primeira: acordo da industria auxiliar do naval no convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, 2015-2019

Código: 15000825011982

Provincial

A Coruña

Sector: Metal / Siderometalúrgica

Tipología: Acuerdo

Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña, de 31 diciembre 2018


Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, 2015-2019 (código de convenio 15000825011982), subscríbese con data 15 de novembro de 2018 a incorporación ao convenio referenciado da disposición transitoria primeira: acordo da industria auxiliar do naval público polas partes lexitimadas.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG Núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscripción da disposición transitoria primeira: acordo da industria auxiliar do naval no convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, 2015-2019 e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG Núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO
Primeiro

A inscripción da disposición transitoria primeira: acordo da industria auxiliar do naval no convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, 2015-2019 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo

A remisión da disposición transitoria primeira: acordo da industria auxiliar do naval no convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, 2015-2019 ó Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 26 de decembro de 2018

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

Acta de Acordo da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo da Industria Siderometalúrxica da Provincia da Coruña

En Santiago de Compostela, senda as 09.30 horas do 15 de novembro de 2018, na sede do Consello Galega de Relacións Laborais, reúnense as persoas mencionadas a continuación para proceder á sinatura do acordo de integración no convenio colectivo de traballo para a INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA DA PROVINCIA DA CORUÑA da Disposición Transitoria que se achega:

PARTE EMPRESARIAL

Juan Salle Barreiro Pérez (Sidero)

Jesús Casal Liñares (Sidero)

José Antonio Romarís Ferreiro (Sidero)

Roberto Derungs Cachaza (Sidero)

José Manuel Mato Mourín (Aptcor)

Ángel Argiz Fernández (Asinec)

Beatriz Regos Concha (Asesora)

PARTE SINDICAL

Diego Doldán Rodriguez (CC.OO.)

Miguel López Roca (CC.OO.)

Víctor Ledo Suárez (CC.OO.)

José Hurtado Amador(CC.OO.)

Felipe López Calvo (UGT-Galicia)

María Esperanza Palacios Conde (UGT-Galicia)

Victor José González Rivera (UGT-Galicia)

Andrés Ansedes Gómez (UGT-Galicia)

Juan Carlos Rodríguez Seijo (CIG)

Rodolfo Fernández Vázquez (CIG)

Juan Carlos Sánchez Vecino (CIG)

Sergio Martínez Luaces (CIG)

Ramón Fernández Alfonzo (CIG)

Vicente Vidal Díaz (CIG)

Asiste á xuntanza a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez Barbero.

As partes chegan ao seguinte pacto para a incorporación ao Convenio da Industria Siderometalúrxica de Coruña da seguinte

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.
Disposición Transitoria Primeira.Acordo da industria auxiliar do naval público

Non obstante o establecido nos parágrafos seguintes, esta Disposición Transitoria formará parte do corpo deste Convenio provincial ata o 30 de xuño de 2020, co contido dos acordos que figuran no Anexo l.

Para a solución dos problemas de lexitimidade alegados, o acordo incorporado como Anexo I á presente Disposición Transitoria será ratificado, polo procedemento de mediación regulado no Acordo Interprofesional Galega sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), polos sindicatos mais representativos xunto coa asociación patronal a constituír consonte ao compromiso reflectido na acta que se achega como Anexo II.

A partir do momento da ratificación antedita, o Acordo será incorporado ao carpo deste Convenio como Disposición Adicional, coa ultravixencia deste.

A incorporación da dita Disposición Adicional ao Convenio suporá a desaparición desta Disposición Transitoria Primeira.

ACORDO DA MESA PARITARIA DO SECTOR NAVAL NA RÍA DE FERROL

Ferrol, a 22 de outubro de 2018

REUNIDOS

Por unha banda, os representantes das empresas auxiliares dos estaleiros públicos da Ría de Ferrol abaixo asinantes.

E por outra os representantes dos diferentes sindicatos: CCOO, CIG, MAS e UGT.

Ambas partes recoñecen mutuamente capacidade suficiente para celebrar o presente acordo e

ACORDAN

1.- Todas as persoas que traballen nas instalación dos Estaleiros Públicos da Ría de Ferrol percibirán un plus non consolidable por día efectivo de traballo, exclusivamente mentres traballen dentro das anteditas instalación.

2.- Ámbito Territorial: Este plus será de aplicación na Ría de Ferrol para todas as empresas que fagan calquera tipo de traballo nas instalación dos Estaleiros Públicos.

3.- Ámbito Temporal: Este plus será de aplicación dende o día da súa publicación como disposición transitoria do Convenio Colectivo do sector de industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, polo que será desta disposición a que determinará a súa temporalidade.

4.- Acórdase que estos pluses se percibirán diferenciados por categorías, e mais por tipos de actividades das empresas distinguindo dous tipos: as empresas encadradas en aceiros e a empresas encadradas en pintura e servizos. Acórdase tamén que lles serán de aplicación os incrementos pactados para os demais conceptos económicos do convenio.

5.- Achégase táboa cos pluses por categoría e por tipo de actividade

ACEIROS

Categorías

Publicación – 40%

01/01/2019 – 70%

Novembro 2019 – 100%

Of. 1ª

219

384

547,29

Of. 2ª

91

160

227,19

Of. 3ª

61

107

152,20

Especialista

30

53

75,60

PINTURA E SERVIZOS

Categorías

Publicación – 40%

01/01/2019 – 70%

Novembro 2019 – 100%

Of. 1ª

91

160

227,63

Of. 2ª

74

130

183,91

Of. 3ª

57

100

141,91

Especialista

30

53

74,31

ACTA DE COMPROMISO DE CONSTITUCIÓN DE LA ASOCIACIÓN SECTORIAL DE EMPRESAS DEL SECTOR NAVAL PÚBLICOS QUE DESARROLLAN SU ACTIVIDAD EN LA RÍA DE FERROL

En Narón, en la sede del Centro de Negocios Arena 40 del P.I. Río do Pozo, siendo las 18:45 horas del día 30 de octubre de 2018 se reúnen las personas abajo relacionadas, todas ellas mayores de edad y actuando en representación de las empresas relacionad•as, deciden la constitución de una Asociación empresarial sectorial de la zona de Ferro!, para lo cual asumen los siguientes compromisos:

− En un plazo máximo de 4 meses constituir la Asociación empresarial al amparo de lo establecidd en la t.ey 19/1977 de 1 de abril sobre regulación del derecho de asociación sindical y sus disposiciones de desarrollo.

− Llevar a cabo dentro del citado plazo una reunión de constitución de la citada asociación y la aprobación de los Estatutos que regirán la misma.

− El ámbito de la asociación será el de las empresas del sector naval público que operan en la Ría de Ferrol.

Manifiestan su abstención Juan Sousa Ferreir, de SIASA y Cara Villa Varela, de KAEFER.

Y en prueba de conformidad, firman la presente acta que supone un compromiso de constitución de la asociación en el lugar y fecha arriba indicados.

Asistentes:

Francisco J. Sabín Beceiro, COGALSO

Juan Cepeda Otero, SOAMAR

Víctor Manuel Leal Pérez, LIMPIEZAS VÍCTOR, S.L.

Rocío Llao Acebes, ELINCO, S.L.

Carlos Gestido López, NERVIÓN INDUSTRIAS

Roberto Brizas Saavedra, NERVIÓN INDUSTRIAS

Liliana Menéndez Ramos, GALICTIO, S.A.

Clara Iglesias Vázquez, CALSOMATU, S.L.

Jorge Mesía Prada, INST. Y MANT. IMAFER, S.L.

Nonito Aneiros García, TECMAN, S.L.

Juan Carlos Montalvo Ispierto, MAESSA

Juan Sousa Ferreir, SIASA

Cora Villa Varela, KAEFER

Evaristo Veiga, TUBACER

Rosa M. Freire, TUBACER

José Ramón Franco Caaveiro, GRUPO INTAF

Roberto Derungs Cachaza, TALLERES MECÁNICOS GALICIA, S.L.